27 de julio de 2015

TRABALLO GRUPAL. RELATORIO DE ELENA GONZÁLEZ DE LA CÁMARA CAYUELA

Escollimos a sesión da Cualifiacións Profesionáis e Competencias para a nosa refexión grupal ao parecernos unha sesión clave. Nesta ponencia trátanse moitos conceptos relevantes, xa que xurdiron novedades sobre  a formación para o emprego, as cualificacións e as competencias.

A sesión foise estruturando, dende os vellos conceptos, programas de garantía social  y pcpi, ao actual, coa formación profesional básica e facendo relevancia nos cambios normativos. Elena foinos introducindo nos seguintes conceptos:

1.- O SISTEMA FORMATIVO:

Como axudar as persoas a decidir por onde tirar, que poden estudiar se nos queren chegar a universidade, e cales son os diferentes tipos de formación profesional que poden atopar.

O Sistema de Formación Profesional, comprende o conxunto de ensinanzas que capacitan para o desenvolvemento dunha profesión. Existen tres tipos de modalidades de formación profesional:

1.Formación Profesional Regrada: ofrece unha especialización e coñecemento práctico respecto ao mundo laboral. Organízase en ciclos formativos:
  • Grao medio
  • Grao Superior
  • Ensinanzas deportivas
  • Ensinanzas artísticas
 Aparecen dúas novidades na Formación Profesional Regrada:
  • A formación profesional básica regulada na Orde do 5 de agosto de 2014 e no Decreto 107/2014 do 4 de setembro,onde se regulan aspectos específicos desta formación e o establecemento de vinte e un currrículos de títulos profesionais básicos.
  • A formacion profesional dual que é unha modalidade de FP que ten por obxecto a cualificación profesional, nun réxime de alternancia da actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo. Integra tres pilares: formación curricular, traballo na empresa e a formación complementaria, combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo.
2.Formación Profesional Ocupacional: é a oferta formativa non regrada dirixida principalmente ás persoas desempregadas, creada para potenciar a inserción e reinserción profesional. Impártense en entidades colaboradoras do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e finánciase polas aportacións do Fondo Social Europeo,do Servicio Público de Emprego Estatal (SEPE) e do sistema educativo de formación.

3.Formación Profesional Continua: é a formación non regrada dirixida á poboación traballadora por conta allea ou que exerce unha actividade laboral por conta propia.

En resumo, atopamos oferta formativa adecuada a diferentes coletivos, no so para os xoves menores de trinta anos, que poden ter acceso a formación en modalidade presencial,e-learnig e mixta. Co seguinte video tratamos de ilustrar mellor a estutura da Formación Profesional para o Emprego.



2. A REFORMA DO SISTEMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO:

Debido, en parte, as malas prácticas vinculadas co sistema e na procura de transparencia apróbase o RDL 4/2015 de 22 de marzo, para a reforma urxente do Sistema de Formación Profesional para o Emprego no ámbito laboral, que modifica o sistema actual deixando nas mans das empresas a formación dos traballadores.

A reforma otórgalle un novo papel aos distintos axentes, coa implantanción da “libre concorrencia competitiva”. Créase, unha conta e un cheque de formación, unha unidade de inspección con carácter sancionador. Pretende un impulso do Sistema Nacional de Calificaciones. Constitúese unha fundación estatal e un rexistro estatal de centros e entidades de formación, acreditados e inscritos.

Desaparece a formación a distancia convencional dende o 1 de xaneiro de 2016, e cada traballador terá unha conta de formación asociada ao seu número de afiliación á Seguridade Social.

3.CATÁLOGO E FAMILIAS PROFESIONAIS:

Comezou neste punto situando como as necesidades do mercado de traballo foron a semente para a definición das familias profesionais e as cualificacións. As necesidades do mercado chegaron a un punto no que non había concordancia entre os postos de traballo existentes e a preparación da poboación, por iso era urxente cambialo sistema.

A importancia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP), que ten como finalidade a ordenación das cualificacións profesionais, polo seu carácter sectorial e funcional, en 26 familias profesionais, pola súa afinidade, e en 5 niveis de cualificación profesional, desenvolvidos na actualidade só os tres primeiros.

Na actualidade existen 664 cualificacións aprobadas en Consello de Ministros e publicadas no BOE. Cada cualificación organízase en unidades de competencia e cada unidade de competencia leva asociado un módulo formativo, formación necesaria para adquirir a unidade de competencia á que vai asociado.

O Instituto Nacional de Cualificacións (INCUAL) é o responsable de definir, elaborar e manter actualizado o CNCP e o Catálogo Modular de Formación, que despois servirá para eleborar tanto os temarios da formación profesional como os dos certificados de profesionalidade

4.-CUALIFICACIÓNS E COMPETENCIAS:

Como entender dunha forma sinxela que diferencia existe nestes términos tan relevantes no modelo actual, máis alá das definicións formáis. A competencia engloba o saber, en definitiva o saber facer; o saber ser, o saber estar e a cualificación refirese más o estandar oficial que contén as competencias requeridas para levar a cabo unha actividade.

A Lei orgánica 5/2015, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional modifica e constitúe o marco legal vixente en todo o Estado en materia de cualificacións e formación profesional, ten un carácter estratéxico, un dos seus obxectivos principais é a creación dun sistema integrado. Define:
  • Cualificación profesional: o conxunto de competencias profesionais, con significación para o emprego que poden ser adquiridas mediante formación modular ou outros tipos de formación e a través da experiencia laboral.
  • Competencia profesional: o conxunto de coñecementos e capacidades que permiten o exercicio da actividade profesional conforme ás esixencias da produción e o emprego.
  • Unidade de competencia: o agregado mínimo de competencias profesionais, susceptible de recoñecemento e acreditación parcial, cada unidade de competencia divídese en realizacións profesionáis
Para ter unha imaxe máis clara, podemos ver como se subdivide cada un destes aspectos:
Cualificación - Competencia xeral - Unidades de competencia - Realización profesional - Criterios de realización

5.-VÍAS DE OBTENCIÓN:

O Mercado Europeo de Cualificacións (EQF), céntrase nos resultados de aprendizaxe e os divide en:
  • COÑECEMENTOS (asimilación da información)
  • DESTREZAS ( habilidade para aplicar os coñecementos)
  • COMPETENCIAS ( capacidade para utilizar os coñecementos).
É dicir, o que unha persoa sabe, comprende e é capaz de facer ao culminar un proceso de aprendizaxe nos ámbitos teórico,técnico e social.

6.- OS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

Os Certificados de Profesionalidade (RD 34/2008, de 18 de xaneiro) acreditan con carácter oficial e nacional as competencias profesionais que capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral con significación para o emprego. A expedición do certificado profesional, tramitarase, previa solicitude, ao comprobarse que se teñen todos os módulos formativos superados.



Actualmente existe unha rede de centros de formación acreditados para impartir a modalidade de teleformación. Todos os cursos necesitan a validación da autoridade laboral para acceder ao certificado  de profesionalidade. Polo que hai que ter cuidado cos posibles fraudes.

7.- O PROCESO PARA A ACREDITACIÓN POLA VÍA DA EXPERIENCIA E FORMACIÓN NO FORMAL.

Neste apartado a ponente explicou que existe outra vía de acreditación das competencias a través dos procesos de Recoñecemento da Experiencia Profesional no ámbito laboral e o da Acreditación da Experiencia Laboral, no ámbito académico.

O proceso de Recoñecemento da Experiencia Profesional no ámbito laboral,estrutúrase en tres fases: asesoramento (documento e práctica)-avaliación-proba práctica e acreditación.

Cada certificado, na súa estrutura, inclúe: identificación, perfil profesional e formación do certificado profesional.

Para saber máis:
Web de Xunta. Espacio adicado a FP
Instituto Galego das Cualificacions
Competencias clave
Certificados de Profesionalidade
Recoñecemento da Experiencia Profesional

E para rematar engadímos o storify da sesión elaborado pola compañeira Diana Muñoz



No hay comentarios:

Publicar un comentario