10 de octubre de 2015



A IMPORTANCIA DE DAR A COÑECER
OS SERVIZOS DO SPEG

Oficina de emprego.

SERVIZOS DO SPEG:
  • Inscrición como demandante de emprego, acreditada polo denominado "DARDE". 
  • Modificar a situación administrativa da súa demanda.
  • Clasificación e reclasificación como demandante de emprego.
  • Consultar a súa demanda de emprego.
  • Renovar a súa demanda para mantela en alta.
  • Captura de pegada dactilar para a renovación da demanda na rede de puntos de información distribuídos pola xeografía galega.
  • Recibir información e solicitar os servizos ofrecidos polo Speg.
  • Solicitar informes en relación á súa demanda, para realizar trámites fora do Speg.
  • Consultar ofertas de emprego activas, tanto públicas coma privadas, presentadas ao Servizo Público de Emprego.
  • Consultar a oferta formativa dependente do Speg.
  • Orientación laboral.
  • Recibir información sobre o ámbito das políticas de emprego.
  • Itinerario Persoal de Inserción (IPI).
  • Formación para o emprego e programas experienciais.
  • Certificación de profesionalidade.
  • Información sobre a oferta formativa dependente do Speg.
  • Información Rede EURES e outros programas (FARO, ARGO, FEUGA, LEONARDO, GALEUROPA, etc),
  • Información sobre o mercado laboral.
  • Información sobre ofertas de emprego.
  • Intermediación laboral.
  • Apoio ao autoemprego e ás iniciativas de economía social.
  • Cando una persoa ou organización ofrece emprego, ofrece como servizo fundamental a posibilidade de xestionar as ofertas de emprego mediante a realización de sondaxes e cruzamentos coas demandas de emprego clasificadas, e o posterior envío dos demandantes seleccionados para dar resposta axeitada. Dentro desta xestión inclúese o apoio na definición dos requisitos da oferta para que respondan ás necesidades reais do posto a cubrir, e para ter maiores garantías de eficacia na selección de candidatos que resulten idóneos. Non obstante, a xestión de ofertas de emprego non esgota os servizos dispoñibles para ofertantes, que se completan cos seguintes:
    • No caso de que a empresa non atope candidatos idóneos entre os remitidos dende o Speg, ofrécese a posibilidade de desenvolver programas experimentais de formación á medida con compromiso de contratación.
    • Para os casos en que se produza a contratación, o Servizo Público de Emprego tamén ofrece o servizo de comunicación da contratación de xeito presencial nas oficinas de emprego, ou por Internet a través da aplicación Contrat@.



http://emprego.xunta.es/cmspro/contido


O SPEG intenta garantizar  un servizo á comunidade, adecuado á realidade do mundo laboral actual, implicándose profundamente, non só axustando a oferta coa demanda de emprego.

Tódalas oficinas de emprego contan cun Servizo de Orientación laboral, para mellorar  á atención a ese usuario, que normalmente acude á oficina de emprego, desmotivado, desesperado e desorientado.

Para ofrecer una orientación e intermediación laboral máis profunda, especializada e adecuada, dende este servizo debe de seguirse a traxectoria de cada demandante dunha maneira personalizada, cun itinerario ou seguimento dende o primeiro momento en que se van a anotar como demandantes de emprego (información de dereitos, obrigas, servizos disponibles, opcións de emprego e de formación, etc) e  no caso das empresas, dende que formulan unha oferta de traballo (envío de candidatos adecuados, información de subvencións, etc) ata satisfacer as súas demandas.




Actualmente, pódese destacar:

Información, inscripción, prospección de empresas e intermediación laboral, en referencia a un PROGRAMA DE EMPREGO XUVENIL:

SISTEMA DE GARANTIA XUVENIL

PROGRAMA DE ACTIVACIÓN PARA O EMPREGO 

Dirixido a:

- Mozos/as: entre 16 e 29 anos, que non estean estudando, nin traballando.
- Empresas: incentivos á contratación.


Información e inscrición en:

Oficinas de emprego




PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO

Son competencia da Administración estatal, do Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE).

No hay comentarios:

Publicar un comentario