29 de octubre de 2015

A ORIENTACIÓN LABORAL CON PERSOAS DISCAPACITADAS: POLÍTICAS DE EMPREGO.


 INTRODUCIÓN

Na miña reflexión individual do módulo tres, escollín  o tema da orientación laboral con persoas discapacitadas por dous motivos:

  1. interésame profundizar no tema das políticas activas de emprego  das persoas con discapacidade para  adquirir coñecementos sobre as medidas o programas que afectan a este colectivo e que poida orientalos cando acuden, direccionados ao Servizo de Orientación Laboral.   
  2. coa finalidade de especializarme na inserción socio-laboral escollín como asignatura de libre configuración da Diplomatura de Relacións Laborais  inserción social e laboral de adultos con minusvalías.

ORIENTACIÓN LABORAL CON PERSOAS CON ESPECIAIS DIFICULTADES DE INSERCIÓN: POLÍTICAS DE EMPREGO ESPECÍFICAS

As persoas con discapacidade (intelectual, física, sensorial e trastorno mental) son o colectivo con máis risco de exclusión social polas desigualdades de oportunidades na formación e no emprego.

A efectos das políticas de emprego, considéranse persoas discapacitadas  aquelas que teñen  recoñecido un grao de discapacidade igual o superior ao 33%.Igualmente, considéranse tamén  persoas  discapacitadas  aos  afectados por unha  discapacidade en grao igual o superior ao 33%:os pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta o gran invalidez, e a os pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de jubilación o de retiro por incapacidade  permanente para o servizo .

Segundo a informe "Base estatal de datos de persoas de valoración do grao de discapacidade" publicado o 31 de decembro de 2013 polo Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais conxuntamente co Inserso, en Galicia a 31 de decembro de 2013, hai unha poboación discapacitada que ascende a 231.930 dun total de poboación de 2.765.940 persoas.

O persoal de orientación laboral no desempeño eficiente do seu traballo con este colectivo tan numeroso e coa finalidade da inserción dos mesmos, deberá poseer información sobre as iniciativas dirixidas a fomentar o emprego destas persoas (políticas de emprego). Estas iniciativas son a incorporación ao emprego ordinario/protexido e os centros ocupacionales.

Entre as medidas de incorporación ao emprego ordinario destacan:
  • a cota de reserva. Esta cota  significa que as empresas con 50 o máis traballadores reservarán o 2% dos postos de traballo para persoas con discapacidade.
  • Os incentivos á contratación consistentes en subvenciones á contratación por conta propia ou allea.
  • o sistema de "emprego con apoio", que éun conxunto de actividades de orientación e acompañamiento individualizado que prestan preparadores laborais especializados, no propio posto de traballo, aos traballadores con discapacidade con especiais dificultades de inserción laboral que realizan a súa ctividade  en empresas normalizadas, do mercado ordinario de traballo.
  • ingreso nas Administracións Públicas. A cota de reserva de prazas para persoas con discapacidade é do 7 por cento.

O traballo protexido é o que se desenvolve en “centros especiais de emprego” e nos “enclaves laborais”.

  • Nos centros especiais de emprego , que poden ser de iniciativa pública ou privada, no que se realiza un traballo productivo e asistencial a cambio dunha remuneración. O seu obxectivo é a incorporación dos discapacitados ao mercado ordinario de traballo.
  • Os enclaves laborais consisten no traslado temporal dun grupo de discapacitados dun centro especial de emprego ás instalación ordinarias de una empresa normalizada a través dun contrato de arrendamento de servizos do centro a empresa.O obxectivo é o mesmo que nos centros especiais de emprego.
Centros ocupacionais para discapacitados. Centros de formación ocupacional para a inserción social e laboral de persoas con discapacidade.

Todas estas iniciativas son o obxectivo das políticas de emprego orientadas a inserción laboral deste colectivo  para que poidan desempeñar un emprego digno, acorde coas suas necesidades, demandas e limitacións. Entre todos temos que contribuir a que neste  século XXI se acade a plena inclusión laboral das personas con discapacidade.

Un video sobre la inserción laboral con persoas con discapacidade

No hay comentarios:

Publicar un comentario