9 de octubre de 2015

ACCIÓN GRUPAL: BUSQUEDA DE EMPLEO (BAE), GRUPO PERCEPTORES PREPARA

Ferramentas e material para utilizar nas tarefas a realizar na túa busca activa de emprego (BAE) do IPI-PREPARA-2015, 

Folleto informativo del Programa Prepara (Programa de recualificación profesional de las personas que agoten su protección por desempleo):
https://www.sepe.es/contenidos/que_es_el_sepe/publicaciones/pdf/pdf_empleo/programa_prepara.pdf



- Guía "Como escribir claro" é un documento das publicacións da UE (Unión Europea), esta dispoñible nas 23 linguas oficiais da UE.

- Guía "TRABAJAR EN ESPAÑA": https://www.sepe.es/contenidos/que_es_el_sepe/publicaciones/pdf/pdf_empleo/trabajar_espana.pdf


- Na páxina da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, www.edu.xunta.es 

Nos sitios temáticos de:
- EDUCACIÓN DE ADULTOS a información da ESO, BACHARELATO E PROBAS DE MAIORES DE 25 E 55 ANOS.
FP tedes toda información da FORMACIÓN PROFESIONAL, PROBAS DE ACCESO e ACREDITACIÓNS PROFESIONAIS.

Na pestana TEMAS:
línguas atoparás un curso de portugués e un curso de "chino", no que ao baixar o combo lateral,  os enlaces con linguasnet y con learningarabic.
- lingua galega, atoparás os celgas 1, 2, 3, 4 de galego e os seus respectivos materiais didácticos e demáis información de convocatorias, exámes, etc.

Páxinas que ofrecen cursos gratuitos de inglés, portugués, francés,italiano, chino, árabe en 14 lecciones:

 
Páxina de consulta de idiomas e outra variedade de temas:
http://new.aulafacil.com/
 
--------------------------
 
Revisa o teu CV (currículum vitae) que consta na oficina de emprego , podes visualizalo, se solicitaches "usuario e contrasinal" para acceder á páxina do Portal de Emprego da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, o que non esté reflicitido é porrque non achegaches no seu día os documentos orixinais pertinentes. Presentaos e documenta todo o que téñas documentado a través de informes, diplomas e certificacións orixinais, o que reflictirán na túa demanda de emprego e volos devolverán no momento.

Para realizar o teu curriculum vitae:

Inicialmente tes axuda para facer o CV na páxina do Portal de Emprego: http://emprego.xunta.es no cadro de Demandante premas na opción ¿qué che ofrecemos? e, nas opcións do lateral esquerdo, premas Curriculum vitae ahí aparecen axudas e modelos para realizar CV, Europass (currículum aceptado no territorio EEE: Espacio Económico Europeo) e tamén diferentes modelos de cartas de presentación.

Recomendoche que primeiro con todos os documentos de formación académica, complementaria e experiencia profesional fagas o CV Europass e despois xa acompañándote cun exemplar deste CV que é moi ríxido nas datas e contidos, fagas outros tipos de CV ata que atopes o que máis che guste e vexas que se adapta mellor aos teus intereses ou obxectivos profesionais e te sintas cómodo/a no seu relatorio e na súa defensa ante calquer/a seleccionador/a.


Podes obter axudas en:

- Na páxina http://www.coruna.es/nex do CMIX, Centro Municipal de Inform ación Xuvenil da Coruña
R/ Río Monelos, 1 (Forum Metropolitano). 15006 A Coruña.
Tel.: 981 184294; fax: 981184295; e-mail:  cmix@coruna.es
Servizos: Información sobre oposiciones, consulta de documentación y bibliografía. Publicaciones: "Guía Laboral Joven"

Aquí, premas ESPAZOS, premas EMPREGO e no lateral dereito premas o correspondente a CV e obtés:

Crear o teu curriculum:
Europass (Curriculum Vitae Europeo)
http://europass.cedefop.europa.eu/es/home: son 5 documentos que che axudarán a presentar as túas capacidades e cualificacións.
Curriculum 2.0: Ferramentas que asignan un enderezo URL ao teu curriculum para poder compartilo dun xeito fácil.
http://www.easy-cv.es/: permite aloxar os CV en formato web, Word, PDF e vídeo.
http://www.micvweb.com/
http://www.curriculum-web.com/
http://es.marketyou.com/: posibilita crear un curriculum visual, cunha puntuación do cero ao cen e unha avaliación da experiencia e habilidades do usuario.
CV intelixente: https://es.cuvitt.com/
Presentacións: http://prezi.com/

REVISA, BUSCA E MIRA na pestana de Emprego: webs, enderezos, emprego público, formación, certificados de profesionalidade, etc... para enviar currículos e obter informacións.



- Na páxina http://www.coruna.es/empleo do CMEF, Centro Municipal de Emprego e Formación da Coruña
Estrada dos Fortes ao Monte San Pedro, 16. 15011 A Coruña
Tel.: 981184399 e 981189855, fax: 981184398 e 981189856, e-mail: emprego@coruna.es

Horario:
Inverno (setembro a xuño):Luns a venres de 08.00 h a 14.00 h.
Verán (xullo e agosto):Luns a venres de 08.00 h a 13.30 h.
Semana grande (primeira completa despois do primeiro domingo do mes de agosto):Luns a venres de 08.00 h a 12.30 h.

Contidos:

A Área de Emprego e Empresa proporciónalles aos coruñeses e coruñesas un espazo no que desenvolver accións no marco das políticas activas de emprego, en colaboración cos axentes sociais e outras administracións, especialmente a Consellería de Traballo e Benestar.

Atención personalizada e especializada:
Información e orientación laboral e formación, Programas para a mellora da empregabilidade, Programas para emprendedores, Programas para comercio. Programas de xestión de ofertas de emprego.


Aquí na páxina de Area de Empresa e Emprego, premas na pestana de Información e no lateral dereito tes a Guía BAE (Busca Activa de Emprego) e, de frente no apartado Publicaciones tés a Guía MOPRE, Motivación para o Emprego, as que podes abrir, gardar nun arquivo ou cartafol ou ler na pantalla.

Hai moita máis documentación que atoparás en internet, a través do manexo inicial destes espazos ou webs.

Podes facer contas persoais en  Mi SEPE, MI EURES, Mi 060  nas páxinas do SEPE (Servicio Público Estatal), en EURES (Servicio de Emprego Europeo),  no 060 (Servizo de Información ao Ciudadán sobre Emprego  Público) e nos portais privados como Infojobs, e perfís profesionais nas redes de Linkedin e Indeed e presentar, enviar ou colgar o teu CV en moitos outros portais ou webs que reflicten as páxinas comentadas.

Cando volvas a oficina de emprego, aproveita toda a información que podas obter, pregunta sobre os teus intereses profesionais e moi importante que te poñan na túa demanda códigos ou claves dos teus intereses. Ademáis mira as AFDs (Accións Formativas para Demandantes de Emprego) no Portal de Traballo na programación do ano en curso, e si ves algunha que sea do teu interes a solicitas a través da túa tutora, xa que así non caducará ata o 31/12 do ano seguinte ao solicitado, si o fas ti terá unha validez ata o 31/12 do ano en curso da solicitude, xa cando se termine o teu programa, terás que facelo ti de maneira presencial ou "on line".   

Mira tamén no Portal de Traballo na pestana violeta de prevención de riscos, o logo ISSGA, ou diretamente na súa propia páxina www.issga.xunta.es ISSGA, Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, informáte dos cursos básicos de PRL (Prevención de Riesgos Laborales), de "modalidade presencial" de 35 horas ou "modalidade on line" de 60 horas".

Sen máis, recorda que tes a obriga de comunicarme e informarme, mellor por escrito, de calquer modificación que se produza no trascurso da percepción da axuda.

Saúdos, .

No hay comentarios:

Publicar un comentario